O Vila de Noia acolleu este sábado ás 20:00 horas o partido de Primeira Nacional entre o Calvo Xiria e o Granitos Ibéricos Carballal. Os de Vigo chegaban a Carballo segundos na táboa clasificatoria e son un dos equipos máis en forma da categoría. O conxunto visitante marcou primeiro. O partido estivo moi igualado na primeira metade, cunha lixeira vantaxe de tres tantos do Calvo Xiria ao descanso, 20-17. A igualdade tamén foi a tónica dominante no segundo tempo. O Carballal logrou reducir a súa desvantaxe no marcador, empatando a 22 no minuto 7, incluso foi quen a partir de ahí de darlle a volta ao luminoso con tres tantos por arriba no ecuador deste segundo tempo. O Calvo Xiria reaccionou ben nos últimos minutos, pero o rival mediu ben os tempos sen ceder espazos e con algunha boa recuperación. Deste xeito o conxunto vigués de Granitos Ibéricos Carballal colleitou unha nova vitoria en Carballo, 33-36.
17