Regresaba o balonmán ao Vila de Noia, volveu o Calvo Xiria ao seu feudo. O último partido que se xogaba como local, foi o 17 de decembro; polo que xa había ganas de xogar na casa de novo. Foi este sábado ás 20:00 horas contra Bm Ingenio. O conxunto canario; é un dos rivais fortes da categoría, cunha antropometría física superior á media, e así o demostrou en Carballo. Empezou timidamente o Ingenio, pero foi de menos a máis dándolle un xiro o xogo e o resultado, cunha vantaxe de catro goles e chegando a ir un punto diante do Calvo Xiria no descanso, 14-15. Tras o comezo da segunda metade varias intervencións destacables do porteiro visitante privaron ao Calvo Xiria tomar vantaxe, algo que aproveitaron os canarios de catro e ata cinco goles no marcador. Reduciu esa vantaxe visitante a tres nos últimos segundos o Calvo Xiria, pero de pouco lle serviu, sumou unha nova derrota, 29-32, que lle sitúa na antepenúltima posición da táboa clasificatoria de Primeira Estatal de balonmán con oito puntos.