19
O Calvo Xiria balonmán segue de mala racha e este sábado volveu a colleitar unha nova derrota, neste caso en Vigo, ante un Granitos Ibéricos Carballal que foi superior en case todas as facetas do partido. Xa se esperaba o Calvo Xiria, minguado polas baixas, que fose un encontro complicado ante un dos equipos fortes da categoría e así foi. Ao descanso o resultado era de 15/10 e ao final a derrota un pouco máis avultada, 33/26. Con esta nova derrota e tras os resultados dos seus competidores directos fai que os carballeses queden penúltimos na táboa clasificatoria, ocupando provisionalmente unha das dúas posicións de descenso.