O Calvo Xiria pechou a primeira volta en Bueu cunha derrota sobre a bucina (34-31)

1 minutes read

O Calvo Xiria balonmán pechou este sábado a primeira volta da competición cunha nova derrota, a súa sexta consecutiva, tras perder por 34-31 na casa do Bueu. O equipo carballés fixo un moi bo partido, un choque igualado ata o final. Ao descanso os de Adrián Dubra gañaban pola mínima, 15-16. Á falta de dous minutos tras un bo dominio do Xiria un tempo morto ben medido polo adestrador do Bueu e dous erros pouco comúns de Chimpo tras dous acertos do rival condenaron ao conxunto verdenegro a unha nova derrota, quedando situado na décimo terceira praza da clasificación xeral da Primeira Nacional, con oito puntos.