O Calvo Xiria perdeu o derbi na casa do OAR Coruña (30-22)

1 minutes read

Os coruñeses, que comanda o ex míster do Xiria, Marcos Rodríguez, conseguiron marcar o ritmo anotador do partido desde o primeiro minuto de xogo no Polideportivo San Francisco Javier. Mauro Jaureguiberry cargou coa responsabilidade do gol no duelo contra o conxunto de Adrián Dubra con oito goles en total. Destacaron ademais Roberto Munteanu e Pablo Fernández que levaron o partido ao descanso cunha cómoda vantaxe, 17-10. Na segunda parte, o OAR dedicouse a conservar a renda ao seu favor con ataques precisos e contundencia nas accións defensivas. O Xiria amagou con reducir a distancia e mantívose a seis goles durante varios intercambios de posesión, pero non puideron continuar coa súa remontada. Ao final, o OAR pechou o compromiso e quedouse co derbi cun resultado final de 30-22.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?