O Calvo Xiria proclamouse campión da Primeira Autonómica galega de balonmán feminino

1 minutes read

Unhas 300 persoas acudiron na mañá deste domingo ao pavillón Vila de Noia de Carballo para presenciar o partido que xogaban ante o Seis do Nadal de Vigo. O ambiente era de gala e o equipo das mozas non defraudou. As carballesas levaron o ritmo do partido de principio a fin. O Sedona non llo poñía fácil, pero unhas intervencións craves de Nadia baixo paus puxéronas no seu sitio xa no primeiro tempo, dobrándoas no marcador ao descanso por 18-9. A segunda parte xa foi un pouco máis de trámite, as rotacións expostas polo míster, Manu López, déronlle axilidade e frescura a un Calvo Xiria que terminou gañando por 35-20, e facendo historia co título de Primeira Autonómica galega feminina no peto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?