O Calvo Xiria recibe a visita do Landbit Lanzarote, campión de liga

1 minutes read

Visita Carballo, o campión de liga. E é que o Landbit Lanzarote mostrouse superior durante toda a tempada ao resto de rivais. A clasificación actual; con 10 puntos de diferenza sobre o segundo clasificado, deixa ver ás claras, esa superioridade; polo que os lanzaroteños, están a preparar desde hai unhas semanas a fase de ascenso.
O Calvo Xiria pola súa banda; vén nun bo estado de forma, dos últimos 12 puntos en xogo; conseguiu 11. Pero o reto desta semana é esixente e ilusionante. Deberá facer un bo partido en todas as súas fases; diminuír erros e ser regulares ao longo dos 60 minutos. A afección, como sempre xogará un papel fundamental. Esperase unha gran entrada no Vila de Noia para afrontar un dos partidos máis complexos do ano.