O Calvo Xiria recibe ao Attica 21 Hotels Oar Coruña, nun novo derbi provincial


Os dous equipos teñen obxectivos diferentes e necesitan os puntos en xogo; veñen de gañar os seus respectivos partidos a semana anterior; polo que chegan en bo estado ao derbi para poder brindar un bo espectáculo de balonmán.
No plano deportivo; o Calvo Xiria enfróntase á defensa que menos goles encaixa da categoría; con xogadores físicos e con experiencia que esixirán ao ataque Carballés, velocidade na circulación de balón; para atopar espazos que permitan unha boa selección do lanzamento.
No que á defensa se refire, primeiro terán que gañar os duelos 1×1 e pechar espazos nas axudas para frear a mobilidade da primeira liña visitante, que abarca gran parte do xogo ofensivo do equipo. Espérase unha gran entrada no Vila de Noia, que empezará arroupar ao Calvo Xiria desde as 18:30 horas.