O Calvo Xiria recibe ao Bm Cañiza na loita pola permanencia


Transcendental partido o que se vivirá no Vila de Noia entre o Calvo Xiria e o Bm Saeplast Cañiza, o sábado ás 20:00 horas. Os dous equipos marchan empatados a puntos na clasificación; en plena loita pola permanencia. Ambos saben que a estas alturas o golaverage, pode ser importante; polo que o Calvo Xiria, desexa obter un resultado positivo como no partido de ida. O Vila de Noia, ten que vestir as mellores galas, e apoiar ao equipo desde o inicio, nunha tarde de grandes emocións, cun partido táctico e con ritmo.