O Calvo Xiria recibe ao Ribeiro | Primeira cita de tres en sete días

Cedida.

O Calvo Xiria deberá afrontar nos próximos 7 días, 3 partidos de máxima esixencia. O sábado ás 20:00 no Vila de Noia recibe ao Bm Ribeiro. Equipo moi reforzado e coas máximas aspiracións esta tempada; pero ao que os resultados non lle acompañaron nas últimas semanas. Sabe ben o Calvo Xiria o que é pasar por esa situación e quere que o seu feudo sexa de vital importancia para este choque; que o público sexa o xogador que necesita ante as baixas que esta a sufrir. O adestrador Adrián Dubra; non poderá contar para este encontro con Edu Cousillas, Diego Antelo, Gabriel Castiñeiras, Alejandro Gómez e Antonio Calvelo. Veremos algún xogador xuvenil completar a convocatoria que será de 14 xogadores. O técnico confía no ideal de xogo do equipo e que todos os xogadores son capaces de achegar na dinámica de grupo cando é necesario. Enfróntase a un rival con experiencia; que explota ben as accións de 1×1 e 2×2. Deberá por tanto controlar as distancias defensivas e as liñas de pase entre 6 e 9 metros. A defensa está a ser un dos piares da remontada do Calvo Xiria; que quere seguir mellorando no seu xogo e traballa para conseguir o equilibrio entre a defensa e ataque; e así controlar as perdas de balón. Dous puntos importantes; xa que é o primeiro partido dos 3 que teñen que afrontar en 7 días.