O Calvo Xiria recibe esta xornada na casa ao Granitos Ibéricos Carballal


O Vila de Noia acollerá o sábado ás 20:00 horas o duelo contra Granitos Ibéricos Carballal. Os de Vigo van segundos na táboa e son un dos equipos máis en forma da categoría; na súa aposta por manter o bloque das últimas tempadas.
O Calvo Xiria recibiu boas novas esta semana, en forma de alta deportiva, e veremos a Antonio Calvelo dentro da convocatoria, recuperado da lesión que se produciu, nun dos partidos amigables da pretemporada.
Un dos obxectivos que deberá cumprir esta semana o Calvo Xiria, para tratar de lograr a vitoria é recuperar a confianza no seu xogo. A semana de adestramentos foi positiva e o equipo respondeu ben ao mal partido da xornada anterior. Desexamos que a afección siga apoiando tal e como o vén facendo ata o momento, xa que este é un gran partido ao que o equipo quere responder coas máximas gañas.