O Calvo Xiria recibe este sábado ao Bm San José Obrero Lanzarote

1 minutes read

A cita será ás 20:00 horas no Vila de Noia. Ambos equipos van empatados na clasificación xeral, polo que son dous puntos importantes. O Calvo Xiria afróntao como unha final e así espera a resposta da súa afección, que ten que estar enchufada desde o quecemento. No deportivo; frear as transicións do rival e superar a rotación da que dispoñen.
Lanzarote é un dos rivais fortes da categoría; poucas veces permite construír o xogo posicional do rival, polo que é un dos apartados que está a desenvolver o Xiria nos seus adestramentos. Un partido esixente, para un grupo de xogadores que busca a mellora e afronta o choque coa mentalidade de lograr os dous puntos. Durante a semana, tamén se viu como aos poucos os xogadores que están a traballar á marxe, van mellorando e en poucas semanas todos estarán dispoñibles.