O Calvo Xiria quere volver á senda do triunfo; despois de dúas semanas sen facelo. Para iso, espéralle un Bueu Atlético; quinto da táboa. Un rival que busca ir a máis cada semana; mozo e que traballa para mellorar na clasificación.
Apoia moito o seu xogo na segunda liña de ataque; polo que extremos e pivotes cobran protagonismo na faceta goleadora.
O Calvo Xiria, que xoga como local, necesita do apoio da súa afección, sentirse arroupado, para lograr superar ao Bueu. Defensivamente o equipo mellora cada semana, e está a traballar; para ser máis constante tanto no xogo posicional como no contraataque. Debe gañar en confianza nestas dúas fases de xogo e blindarse para competir de igual forma ao longo do encontro.
O partido disputarase o sábado ás 20:00 horas no pavillón Vila de Noia, de Carballo.