O Calvo Xiria reincorporouse á competición con moi bo pé


Tras unha xornada de parón obrigado por coincidirlle o seu calendario ligueiro cunha saída a Canarias, aprazada por alerta vermella por temporal, o Calvo Xiria incorporouse este sábado á competición e fíxoo como mellor sabe, xogando ben, sufrindo, pero gañando. Ademais nesta ocasión fíxoo con contundencia na casa contra o Balonmán Tejina La Laguna de Tenerife por 30-20. Importante foron as intervencións destacadas do porteiro local, Antonio Mato, así como a velocidade impresa por Manu e o veterano Chimpo. Ao descanso chegouse co resultado de 12-10. Na segunda metade o conxunto local seguía marcando diferenzas co seu rival con boas transicións e un parcial de superioridade de ata 11 goles. Dous de dous e a seguir, próximas paradas na casa da Cañiza e derbi contra o OAR.