O Calvo Xiria retoma a competición nas Palmas contra Vitaldent Vecindario

1 minutes read

O Calvo Xiria balonmán afronta o último desprazamento ás illas, para enfrontarse ao Viltaldent Vecindario, que coa permanencia asegurada no seu primeiro ano na categoría, non ten nada que perder ante un Calvo Xiria que aspira a alcanzar o título de liga a falta de tan só 7 xornadas para o final. Un conxunto canario, que mostra a súa mellor versión como local, dosificando esforzos e imprimindo máis ritmo aos partidos que cando o fai como visitante; pero o Calvo Xiria; vén en excelente estado de forma; preparando esta última parte da competición con todos os efectivos dispoñibles, excepto Ramón. Con gañas de afrontar o encontro, despois dunha fin de semana sen partido, o equipo deberá saír concentrado e axustarse rapidamente no plano defensivo, para a partir de aí, recoñecer as situacións de contraataque que lle poidan dar vantaxe. O partido xogarase ás 19;30 en horario canario; no pavillón mpal de Vecindario.