18
A vitoria por 27-32 na pista do Tejina La Laguna permitiulle ao Calvo Xiria romper unha mala racha que encadeaba xa sete partidos consecutivos perdendo. O partido xogado este sábado ante o Tejina La Laguna tivo unha primeira parte moi igualada cun empate a 15 goles ao descanso. Tras o paso por vestiarios o Calvo Xiria impuxo o seu mellor xogo gañando confianza como equipo para traerse a Carballo a xa tan ansiada vitoria por 27-32. Quédalle agora por diante aos xogadores de Adrián Dubra unha semana de traballo e concentración ante o próximo partido na casa contra un rival directo pola permanencia como é Balonmán Cañiza.