O conxunto carballés ten este sábado outro difícil compromiso ante un dos equipos da zona alta da competición; o Granitos Ibéricos Carballal. A igualdade da competición esta tempada, tanto na zona alta como na zona baixa, fai que os partidos teñan un aliciente emocional alto. O Calvo Xiria xa sabe que non poderá contar con Gabriel Castiñeiras nos próximos dous meses; debido á lesión de nocello que viña arrastrando e que lle facía xogar con excesiva dor; tamén Esteban Puñal está pendente de facerse probas. Por tanto, e como vén sendo habitual, o adestrador Adrián Dubra, apostará polos xuvenís tanto para adestrar como para xogar. É unha tónica que se leva repetindo toda a tempada polo que os xogadores están adaptados e na rutina do equipo. O partido será o sábado ás 20:00 horas no pavillón municipal de Carballal en Vigo.
0