O Calvo Xiria tira de orgullo para vencer ao Lavadores en Vigo (31-32)

1 minutes read

Este sábado ás 20.00 horas, no municipal de Lavadores, o Calvo Xiria enfrontouse ao UB Lavadores Vigo, nun vibrante encontro na loita pola permanencia. O Calvo Xiria tiña ante si, un dos retos máis difíciles da tempada; e para eso estivo ben acompañado, un centenar de afeccionados carballeses desprazáronse ata Vigo para arroupar ao seu equipo neste crucial momento da tempada. O partido estivo moi igualado, comezou gañando o Xiria 0-2, pero o Lavadores pronto lle daría a volta ao marcador nun encontro que chegaba a o descanso 16-14. Aos 10 minutos da segunda parte o Calvo Xiria remontaba o partido, pero os locais non se amedrentaron e conseguían unha renda de +5. Nos últimos minutos se fixo sólido en defensa o equipo carballés, atacando e logrando empatar de novo, con Chimpo e Antonio Mato en refacho, marcando o primeiro un penalti e detendo o segundo outro. Ao final 31-32 no marcador, o Calvo Xiria parécese máis aos seus principios e engánchase á permanencia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?