O Calvo Xiria viaxa a Canarias para xogar o seu penúltimo partido deste ano


Esta vez será para enfrontarse ao líder da categoría, o San José Obrero Lanzarote. Os locais cun cadro de persoal dos máis fortes, están a cumprir co seu papel de favoritos. O Calvo Xiria que segue con demasiadas baixas, viaxa pensando en realizar un bo partido que lle permita competir sabendo das dificultades que ten xa de por si o encontro.
O equipo quere seguir progresando a nivel competitivo; e adquirir a madurez necesaria para manter o ritmo durante os 60 minutos. As rotacións son clave para manter o nivel físico diante dun rival que xoga con moito ritmo.
Os dous equipos necesitan os dous puntos; para manter obxectivos diferentes na clasificación.