O conxunto carballés perdeu por 1-0 este domingo ante da Ximnástica de Torrelavega, no primeiro partido co equipo do novo míster José Durán. O gol de Gándara preto do descanso decidiu o encontro. Na segunda metade Beceiro tivo unha gran ocasión para empatar pero os locais tamén fallaron moitas oportunidades ao contragolpe. Ambos os adestradores moveron os bancos. O adestrador da Ximnástica Torrelavega deu entrada a Saul Garcia, Nacho Altadill e Javi Delgado por Tirado, Tobar e Álex Basurto, mentres que o Bergantiños deu luz verde a Iván Garrido, Jorge Tomé, Uzal, Meixus e Jorge Selles por Charly, Alberto Espeso, Pombais, Chapu Brunet e Iago Beceiro. Con este resultado o conxunto carballés queda provisionalmente situado no posto número 16 da clasificación xeral (en postos de descenso, terceiro pola cola). Quédalle por diante unha semana de duro traballo ao Bergantiños para tratar de volver á senda da vitoria nun próximo partido complicado na casa contra o líder da categoría, o Arenteiro.