Este venres tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos a presentación do evento que se vai celebrar en Santiago de Compostela os días 12 e 13 de novembro organizado pola Real Federación Galega de Fútbol e pola Real Federación Española de Fútbol e que apadriña o exfutbolista e exentrenador Vicente del Bosque, evento, ao que está previsto que asistan uns 500 profesionais de todo o mundo, con relatores de relevo internacional, suporá unha oportunidade única “para potenciar Galicia como destino turístico seguro e dar a coñecer o Xacobeo en todo o mundo”, segundo palabras do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen chamou a atención sobre as vantaxes que comparten a práctica do fútbol e a realización do Camiño, como o esforzo e o afán de superación: “O fútbol fomenta o compañeirismo e o Camiño é convivencia en estado puro”.
22