O Cangas gaña a Copa Galicia de balonmán ante o Cisne

0 minutes read

O Frigoríficos do Morrazo conquistou a Copa Galicia de balonmán ao derrotar na final o Cisne Colegio Los Sauces (31-26), nun encontro celebrado este domingo no Lalín Arena, onde o máximo goleador foi con 6 goles o estremo do equipo cangués Filip Vujovic.

Este partido foi o punto final á pretemporada do Cangas Frigoríficos do Morrazo, único club galego na Liga Asobal: despois de nove amigables, o vindeiro sábado abre a temporada no Gatañal ante o Granollers.