O pasado sábado en Santiago de Compostela, Diego Grille (Carballo 2005) representaba á A.D. Fogar no Campionato Xunta de Galicia Sub 20 de Atletismo ao Aire Libre nas probas dos 200 e os 400 metros lisos. Na súa proba favorita, a dos 400 m.l., revalidaba a medalla de bronce acadada esta mesma tempada no Galego de Pista Cuberta de Ourense, desta volta cunha marca de 53”05. Na proba dos 200 m.l. Diego corría a final B en 24”14, marca que lle valía para ser noveno. Andrea Lamas (Carballo 2006) atleta da categoría sub18 que participaba fora de concurso, gañaba os 400 m.l. cun rexistro de 1’00”92 e batía a mellor marca do club dos 17 anos nos 200 m.l. cun tempo de 27”34. No referente ao Nacional sub18 de Xixón, Anxo Bello e Iago Prada, non puideron pasar á final logo de correr as semifinais en 4’10” e 4’18”, moi alonxados dos seus mellores rexistros persoais.
0