O carballés Mario Díaz participará no Campionato Absoluto de España de Pitch&Putt


O xogador de golf carballés, Mario Díaz, clasificouse para disputar o Campionato de España de Pitch&Putt. A proba terá lugar esta fin de semana coa participación dos mellores xogadores de toda España. Disputarase en Paderne e xogarase a dous días. Mario, é o actual campión galego da súa categoría nesta modalidade.