42
O xogador de golf Carballés Mario Díaz López conseguiu clasificarse para disputar o Campionato de España Cadete de Pitch& Putt 2019 que se celebrará os próximos días 23 e 24 de Agosto en Benalmádena (Málaga). É o único galego que participa nesta categoría. Sen dúbida a gran progresión que tivo nos últimos anos tivo a súa recompensa. Mario Díaz é o actual Subcampión galego Sub-16 nesta modalidade e Subcampión galego Sub-14 e Sub-16 o ano pasado.