O carballés Mario Díaz, segundo no Torneo Árbol Navideño de golf

0 minutes read

O pasado sábado disputouse o tradicional Torneo Árbol Navideño no campo do Hércules C.G. de Arteixo. O xogador de golf carballés, Mario Díaz López, quedou na segunda posición, conseguindo ademais unha nova baixada do seu hándicap por cuarto torneo consecutivo.