O Carné Xove suma 16.000 novos usuarios nas primeiras semanas de activación

1 minutes read

Esta tarxeta está vixente desde hai máis de tres décadas en Galicia, é por primeira vez 100% gratuíta e ilimitada. A Xunta está a enviar de oficio o Carné Xove ao domicilio dos 400.000 galegos e galegas de entre 12 e 30 anos sen necesidade de solicitalo, de que paguen ningunha taxa nin tampouco de renovalo, posto que xa non ten data de caducidade como ata o de agora, senón que estará en vigor ata que a persoa cumpra os 31 anos.

Se as mozas e mozos xa tiñan o carné antes de que se lles enviara á casa, simplemente recibirán un novo coa imaxe actualizada da tarxeta e xa estará listo para utilizar. Aqueles que non tiñan Carné Xove con anterioridade, o que deberán facer é activalo nalgún dos puntos habilitados en toda a Comunidade para completar un número de identificación. Este é o único proceso que necesitarán facer para gozar de todas vantaxes do Carné Xove de xeito ilimitado ata o máximo de idade. É importante sinalar que o prazo para activalo, dun mes, é flexible.