43
Este 31 de decembro, o CCA Carballo fixo entrega dos dous premios, de 500 € cada un, do sorteo celebrado este mércores e patrocinado por Vázquez y Reino.
Resultaron gañadores Eduardo Pérez Fernández e José Suárez Fernández, de Lema e Carballo respectivamente, ambos recibiron os premios de mans dun representante da empresa construtora.
Aínda que estes son os últimos premios do 2020, quedan pendentes de sortear 5 premios de 50 € cada un, das papeletas despachadas pola hostalería participante na campaña, e tamén o gran premio de 300 € mensuais durante todo o 2021.
O prazo para consumir os premios entregados ata o de agora rematará o día 9 de xaneiro de 2021.