O CCA Carballo repartirá 15.000 premios na súa campaña ‘Coidemos o Nadal’

2 minutes read

A campaña de Nadal de 2022 contará con infinidade de melloras. Seguirá presente a casiña de Nadal acompañada doutras construccións que conforman un espazo navideño por excelencia. Estará situado no xardín municipal, na zona da palmera.
O lema da campaña é “coidemos o nadal”.
Nas nosas mans está que esta fermosa tradición non só perviva senón que o faga cada vez cun espíritu e unha ilusión renovada.
E quen mellor que os nenos, grandes depositarios da ilusión limpa e san, para ser embaixadores do nadal.
Participar é moi sinxelo, soamente deben presentar unha tarxeta para a tirada que lles dispensarán os comercios asociados ao CCA participantes na campaña, unida ao tikect de compra.
Accionando o mecanismo, a máxia fará efecto e unha bola sairá pola cheminea da casiña contendo no seu interior unha sorpresa. Ollo!!! Todas as bolas teñen premio. Os premios son variados: algodón de azucre, flogos de millo, chocolate, gofres, photocall, vídeo, …
Quince mil bolas, todas elas con premio, están esperando polos rapaces de Carballo, da provincia ou de donde queiran achegarse.
As tarxetas de participación comezarán a repartirse con cada compra a partir do día 10 de decembro. A casiña atenderá ao público, para obter os regalos, a partir do día 16 deste mes.
Estará aberta desde o día 16 ata o 23 e desde o 26 ao 30 en decembro e desde o 2 ata o 5 en xaneiro. Sempre en horario de tarde, desde as 5 ata ás 9.
Instalarase na cotorna da casiña un conteder para recoller as bolas abertas e darlles unha segunda vida, evitando así unha contaminación innecesaria.
Os establecementos que participan na campaña son 73, dos sectores máis variados, e estarán perfectamente identificados cun gran lazo vermello no seu exterior.
Este nadal para nenos só é unha realidade grazas ao esforzo de moitos colaboradores que o fixeron posible.
Dende o CCA destacan a colaboración de Vázquez y Reino, patrocinador da casiña.
Así como a:
 Xunta de Galicia
 Concello de Carballo
 Fundación Luís Calvo Sanz
 Deputación da Coruña
 Electricidad Rafael
 Son Press
 Viveiros Leboreo
 Aspaber
 Diversiplas (Íntegro)
Dende o CCA felicitan aos usuarios e demais persoal de Aspaber que, un ano máis, encheron coas súas mans as 15.000 bolas cos correspondentes premios.