Nesta ocasión, os cheques —valorados en 100 euros cada un— foron entregados aos tres gañadores do sorteo que, aínda que non residen en Carballo, decidiron facer as súas compras nos establecementos adheridos ao CCA, demostrando así que o atractivo e a calidade do noso comercio vai máis alá do ámbito local.
Os premiados foron: José Lago (Dumbría), Belén González (Coristanco) e Lorena Palleiro (A Laracha). A entrega dos vales tivo lugar o pasado venres pola tarde, nun dos comercios asociados ao CCA.
A campaña desenvolveuse ao longo dos días previos á celebración do Día da Nai e contou coa participación de 38 establecementos, que repartiron máis de 5.000 papeletas entre a súa clientela. A diversidade da oferta comercial en Carballo —que abrangue desde moda, complementos e calzado ata beleza, libros, tecnoloxía ou alimentación— foi clave para atraer a consumidores/as de toda a comarca.
Desde o CCA agradecen a participación e o apoio continuo dos consumidores e felicitan de novo aos premiados/as desta edición. E para quen non houbo sorte esta vez, lembran que moi pronto haberá novas campañas e oportunidades para gañar premios, sempre co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade.