O cemiterio de Carballo será ampliado en 4.245 metros máis

1 minutes read
  • A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou este luns de forma inicial o proxecto de expropiación de terreos con esta finalidade.

A ampliación afecta a dúas parcelas, o prezo de taxación queda fixado en 4,33 euros por metro cadrado para a finca de maior tamaño, que ten un total de 3.265 metros cadrados. Na outra, de 980 metros cadrados, o prezo proposto é de 7,05 euros por metro cadrado por ter unha plantación de árbores. A valoración total da expropiación, polo tanto, é de 26.554,34 euros.
O expediente permanecerá exposto durante un mes para que as persoas interesadas poidan formular observacións e/ou reclamacións no que se refire á titularidade ou valoración dos seus dereitos. As taxacións tamén serán comunicadas individualmente ás persoas que figuren como titulares dos bens para que formulen alegacións, se así o consideran convinte, no prazo dun mes a partir da notificación. A partir dese momento procederase á aprobación do expediente, e abrirase un novo prazo de 20 días para formular oposición. A aprobación definitiva implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.