Saíron a licitación un lote de obras para introducir enerxías renovables nos centros de saúde galego valorado en 1,5 M€. Dentro do mesmo está incluída a instalación dunha caldeira de biomasa por importe de 158.561 euros no centro de saúde de Ordes, tal e como anunciaron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente do Área Sanitaria, Eloína Núñez Masid, durante unha visita ás instalacións sanitarias, acompañados polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo , o director de atención primaria da área compostelá, Felipe Calle e o xefe de servizo do centro, Jacobo Laia.
Este contrato materialízase a través dun acordo entre o Sergas e o Inega, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que promove a través da Axenda Enerxética Galicia 2023 a integración de enerxías renovables en edificios públicos o que facilita o seu cofinanciamento polo programa operativo FEDER Galicia 2017-2020, dentro da súa actuación de fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica e outras tecnoloxías renovables na administración xeral da comunidade autónoma e no sector público autonómico.