A vespa velutina, tamén coñecida como vespa asiática, é unha especie invasora detectada en Galicia desde o ano 2013. Para que a súa retirada sexa efectiva, é importante que o niño estea localizado e que teña actividade visible. No acto de Zas realizarase unha exposición de datos e balance da campaña anterior, análise da situación actual da velutina, así como tamén levarase a cabo a entrega de trampas e atraente para as persoas interesadas. Esta xornada estará aberta a toda a veciñanza. Será, como decimos, no Centro Sociocultural de Zas o vindeiro venres, 6 de marzo, a partir das 12:00 horas.