Trátase dun servizo especializado dirixido principalmente a mulleres vítimas de calquera tipo de violencia, ao alumnado universitario, a través de accións de información, orientación e sensibilización, e á comunidade en xeral, promovendo actividades de prevención e de fomento da igualdade.
O CIM Móbil ofrece dous tipos de intervención; por unha banda, un servizo de acompañamento integral, que inclúe información, asesoramento e acompañamento individualizado, atención psicolóxica especializada, orientación social sobre recursos e prestacións, así como asesoramento xurídico sobre dereitos, procedementos e medidas de protección. Ademais, trabállase na detección temperá de situacións de violencia de xénero e na derivación e coordinación cos recursos sociais, sanitarios, xudiciais e de seguridade.
Por outra banda, desenvólvese un programa de actividades de sensibilización, orientado a previr a violencia e a promover unha sociedade máis igualitaria.
Todas estas actuacións lévanse a cabo en coordinación cos servizos sociais municipais, cos recursos locais, cos programas da Xunta de Galicia e coas entidades do ámbito universitario, co obxectivo de dar unha resposta axeitada ás necesidades de cada colectivo.
Desde o Concello de Malpica convidan a toda a cidadanía a achegarse e informarse. Están para axudar, conclúen.