Carballo viviu este sábado un gran partido de baloncesto cun dos mellores equipos da Liga EBA – Grupo AB sobre a cancha, o Círculo Gijón, que gañou ao Calvo Basket Xiria, que sen facer un mal partido, viuse superado polo equipo asturiano cun gran potencial.
O conxunto carballés tan só puido aguantar o primeiro parcial, aínda que os xogadores de Héctor Mendez, non lle perderon a cara ao partido nin un minuto, víronse superados en ataque e tiro exterior (43% triplas).
A partir do segundo tempo os visitantes foron collendo vantaxe a pesar dos intentos infructuosos do equipo carballés en reducir as diferencias, esta chegou ao descando a 13 puntos (40-43) de diferencia.
Nos dous últimos tempos o dominio visitante foi claro e o Calvo Basket Xiria non puido facer máis, xa que a cada intento, a cada tiro exterior, balon roubado, tivo sempre unha resposta rival.
Toca pasar páxina, seguir traballando e pensar nos seguintes partidos, o vindeiro domingo contra Covadonga en Gijón e o 17/12 contra La Flecha en Carballo.