O CIS confirma a Illa como gañador das eleccións catalás


A só dez días das eleccións en Cataluña, o Centro de Investigacións Sociolóxicas volve publicar unha enquisa de intención de voto. É a segunda en dúas semanas. Segundo esa sondaxe, o Partido Socialista de Cataluña gañaría os comicios con catro puntos de vantaxe sobre Esquerra Republicana. Junts per Cat é o partido que máis sobe. Ciudadanos retrocede e VOX superaría tanto a CUP como ao PP.