O CIS de febreiro sitúa ao PSOE como forza máis votada en Galicia

1 minutes read

O PSOE está cada vez máis forte en Galicia, segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas, se a día de hoxe se celebrasen unhas eleccións xerais. O 24,7% dos votantes decantaríase polo Partido Socialista. Segundo os resultados deste barómetro, o PP non é capaz de amortecer a súa caída, á baixa desde o mes de novembro. Soamente un 18,6% dos electores se decantarían polo PP, un 0,6% menos que os que en xaneiro dixeron que votarían á formación que lidera Pablo Casado. A forza que máis crece no último mes é o Bloque Nacionalista Galego, que se dispararía ata o 9,3% dos apoios e converteríanse na terceira forza en Galicia. Perde a terceira posición Galicia en Común, que se deixaría medio punto, e quedaría no 7,7% dos apoios. Doutra banda, tanto o resultado de Vox como o de Cidadáns sería irrelevante e non conseguirían representación en Galicia.