O clúster do sector turístico prevé unha caída do 50% en 2020

Hotel Nagari Vigo.

Desde o clúster do sector do turismo en Galicia teñen claro que este verán de 2020 será de pouco movemento aínda que se agarren a iso de que “o tempo dirá”. Porque fían a chegada deses turistas a ir vendo se hai ou non, e onde, rebrotes do coronavirus. Os hoteis viven a súa primeira fin de semana coas portas abertas. Entre os seus clientes hai procedencias diversas, Castela e León, Asturias, Madrid. Con reservas só para esta última fin de semana de xuño algúns hoteis están ao 60% da súa ocupación.