O Colexio de Médicos da Coruña denunciará a médicos “negacionistas”

0 minutes read

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña, anunciou este sábado que denunciará os colexiados “negacionistas”. Nun comunicado afirma que porá en coñecemento da Fiscalía as recomendacións destes facultativos que rexeitan a existencia da covid-19 e opóñense ás máscaras. A Xunta Directiva sostén que a actitude destes profesionais constitúe unha irresponsabilidade grave e supón un perigo serio para a saúde pública. Tamén advirte que procederá á apertura de expedientes disciplinarios por presuntas infraccións do Código de Deontoloxía Médica.