O Comarea Experience volve máis forte con grandes artistas da música electrónica e urbana

  • Postúlase como un dos festivais revelación do panorama galego
  • O evento celebrarase os días 30 e 31 de agosto, aínda que haberá varias actividades durante toda a semana

O festival Comarea Experience volve este ano máis renovado ca nunca apostando por novos estilos musicais pero sen deixar atrás o seu máximo obxectivo: ofrecer unha experiencia única onde primen a música de calidade e a natureza salvaxe da Costa da Morte.

Durante os días 30 e 31 de agosto a praia de Os Muíños, no municipio de Muxía, volverá a ser a base territorial dun evento que xa se postula como un dos festivais revelación dentro do panorama musical galego; e non só pola calidade dos seus artistas e o entorno no que se celebra, senón tamén polas medidas que se tomaron desde a organización para sensibilizar ao público a favor dun espectáculo respetuoso co medio ambiente, e tolerante fronte a calquera tipo de agresión.

Nesta edición, a Asociación Xuvenil Comarea, entidade organizadora do evento, decidiu apostar por dous xéneros musicais diferentes e complementarios: a música electrónica e a música urbana.

No cabeza de cartel da primeira destacan varios artistas internacionais, entre eles o norteamericano Carl Craig, unha das caras máis recoñecidas dentro do mundo do techno de Detroit. Rafa Barrios tamén é outra das cabezas de cartel deste Comarea Experience. Completan o cartel Blanca Ross, Bárbara Lago, Isma B ou Víctor Fernández.

Unha das novidades deste ano é a introducción da música urbana. O Comarea Experience contará con algúns dos artistas máis laureados do panorama musical nacional como Fernando Costa, e ademáis haberá un convidado moi especial, que fará as delicias dos amantes deste xénero musical. E se hai algo do que presume este festival é da súa posta en valor pola cultura e a música galegas, polo que o público poderá gozar do auténtico talento galego dentro da música urbana da man de Erin e Lopes. Cerran o cartel desta nova edición artistas locais como Edgar Cal & Skais, Sergio Capelán, Smerz, Glitchgirl, Russinha DJ & Akezie, Wavy Gravies, The Fabulous Resaca Brothers, Mascada, Rapariga DJ e Mon e Ula.

A organización fará públicas todas as actividades complementarias ao festival, que se desenvolverán desde o 26 de agosto ata o 1 de setembro, e que ademais serán aptas para todo o público. Destacan os obradoiros de iniciación na música electrónica, talleres de reciclaxe creativa ou concertos gratuitos. Actividades que lle aportarán un carácter lúdico e fresco a todo este espectáculo musical que terá lugar na Costa da Morte, e que poñerá en alza ao concello de Muxía.

Cartel Festival Comarea Experience

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha