29
- O concello tamén colaborou nesta iniciativa ideada pola propietaria de ‘D’Pau’, Paula Iglesias
O comercio local de Camariñas recadou 380 euros para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), unha iniciativa desenvolvida con motivo do Día contra o Cancro de Mama e que contou coa colaboración do Concello.
Este luns a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, estivo presente na entrega dos fondos por parte de Paula Iglesias Tedín, impulsora desta acción solidaria e propietaria da tenda D’Pau, á presidenta da AECC, Pilar Ínsua. Tamén estivo presente no acto Diana Castro Tajes, que forma parte da directiva da asociación e é propietaria da tenda Chuchelandia.
Cada establecemento adherido aportou 20 euros nesta campaña, na que ademais se venderon máscaras solidarias.