‘Formigas’ chega a Vimianzo en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras

Imagen de una hormiga de hierro

  • O taller, de catro horas de duración, impartirase durante a tarde do próximo domingo, día 25

O obradoiro artístico ‘Formigas’, que homenaxea ás mulleres anónimas traballadoras, impartirase na localidade de Vimianzo o vindeiro domingo, 25 de abril. O taller, de catro horas de duración, será impartido por Puri Lema del Río no miradoiro Ramón Berra.

Esta actividade, que tamén se realizará en Camelle, está pensada para persoas maiores de 8 anos con inquedanzas artísticas, e nela poderán elaborar a súa propia formiga de ferro. Os interesados poderán inscribirse ata o 20 de abril na Casa da Cultura de Vimianzo de 09:30 a 13:30 horas, e de 16:00 a 20:00 horas. O custo do taller é de 10 euros.

De forma paralela tamén se realizará unha visita á exposición ‘Ants, Treballadores’, unha mostra prevista para finais deste mes que foi elaborada por artistas baleares.