O Concello de Ponteceso continúa co seu plan de renovación de marquesiñas cunha nova actuación en Cores

O goberno local mantén a súa actuación coa renovación das paradas de bus do termo municipal. Trátase dun compromiso que o executivo acaba de referendar coa mellora dunha situada na parroquia de Cores, moi empregada tanto para o transporte discrecional como para o escolar. O alcalde, José Manuel Mato, apunta que estas actuacións están realizándose grazas á colaboración coa Xunta de Galicia, e agradece o compromiso amosado pola directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, «con quen se mantivo unha reunión para solicitar a súa axuda na renovación destas paradas».

A previsión, como sinala o rexedor, é que a esta actuación lle sigan outras similares en diversos puntos do concello. Mato lembra que a mellora e acondicionamento destas estruturas foi unha das «tarefas que nos marcabamos desde o principio, que seguimos cumprindo e que queremos manter con máis intervencións». Ata o de agora, ademais da de Cores, o Concello renovou un total de cinco marquesiñas en Langueirón, Limiñoa, Tallo e Corme-Aldea.

Related posts

Cee | XIIª Edición do Programa Educativo Cultural ‘O Mes da Fundación’

Vimianzo acollerá o sábado 3 de outubro unha campaña de limpeza do Río Grande

O luns 15 comeza o período voluntario de pago anual dos impostos en Carballo