A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da dirección das obras que completarán a urbanización do polígono de Xuxán. A compañía de servizos de enxeñería Eptisa farase cargo de ditos traballos. O proxecto de urbanización de Xuxán, recentemente adxudicado, ten un prazo de execución de 18 meses e conta cunha serie de intervencións entre as que se proxecta o soterramento parcial das vías do tren e a construción das pontes sobre as vías que comunican Xuxán con Matogrande. Ademais, está prevista a construción dunha nova praza central no barrio de Xuxán, onde se instalarán tres pérgolas. Tamén na praza central está prevista a creación de dúas zonas de xogos infantís, ás que se sumarán outras dúas situadas en espazos libres a cada extremo do barrio.
40