36
A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou a reinstalación, sete anos despois, do Monumento aos Liberais na praza das Conchiñas, nun acto ao que asistiron o autor do conxunto escultórico, José Castiñeiras, e os edís de Urbanismo e o de Memoria Histórica, Juan Díaz Villoslada e Jesús Celemín, xunto á concelleira de Barrios, Diana Sobral. A rexedora recordou que, con esta peza, a cidade honra a memoria daquelas persoas que loitaron, poñendo en risco a súa vida, polo triunfo do movemento constitucional no século XIX: «Agora, 200 anos despois, aínda quedan moitas causas da liberdade polas que loitarmos; unha delas é a que procura que as mulleres non esteamos expostas á discriminación, á violencia e á morte».