Entre os dous suman un orzamento total de 165.000 euros. En todos os casos as intervencións consisten na renovación da superficie de rodadura, o acondicionamento dos sobreanchos para incorporalos á plataforma da calzada e a mellora da sinalización co obxectivo de reforzar a seguridade viaria.
As obras localízanse nos accesos á Braña en Torás, A Areosa en Vilaño, Borreiros e O Loureiro de Borreiros en Soandres e A Agrela na parroquia de Lestón. Neste último lugar tamén se contemplan melloras na rede de abastecemento de auga para dotar co servizo ás últimas vivendas construídas.
En total serán mellorados aproximadamente 1.400 metros de lonxitude lineal da rede viaria en estradas localizadas en núcleos rurais.
Ambos proxectos están incluídos no Plan Único POS+, polo que serán cofinanciados pola Deputación da Coruña. O prazo de presentación de ofertas rematará o 7 de abril.