39
O Concello da Laracha organiza un curso básico de transformación dixital na modalidade en liña dirixido a persoas empadroadas no termo municipal e que dispoñan na súa vivenda de ordenador ou tablet e de conexión a internet.
A acción formativa comezará o 11 de maio, terá unha duración de catro semanas e pretende ser unha chave para mostrar opcións laborais que existen hoxe no mercado galego.
As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa preinscrición, que é gratuíta, cubrindo o formulario que estará dispoñible na web do Concello (www.alaracha.gal) ata o 7 de maio.