O Concello da Laracha solicita a reapertura ao público os sábados da oficina local de Correos

1 minutes read

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, solicitou formalmente á Xefatura do sector da rede de oficinas de Correos en Galicia que a estafeta da Laracha volva a abrir ao público na xornada dos sábados.

Desde que no mes de marzo foi decretado o estado de alarma, a oficina da capital municipal –situada na Avenida de Caión, fronte á Praza do Concello, modificou o seu horario e só abre ao público de luns a venres.

Desde o Concello solicítase agora recuperar o horario anterior e volver a ofrecer atención ao público os sábados para non prexudicar a aqueles veciños que aproveitaban esa xornada para realizar os seus trámites.