O Concello de Arteixo pagará directamente as becas de comedor escolar

1 minutes read
  • O cambio na forma de abono axudará a case 300 familias

O Concello de Arteixo comunicou que, debido á crise do coronavirus, estas axudas non se estaban facendo efectivas posto que o Concello paga directamente ás empresas que fan o servicio de comedor nos centros escolares. A interrupción das clases tamén provocou a interrupción deste pago dos menús dos beneficiarios das becas de comedor. O cambio na forma de abono permitirá a estas familias recibir igualmente a beca comedor que se lles adxudicou, posto que concello as abonará directamente mentres dure a crise.

O Concello considera imprescindible dar unha resposta adecuada ás familias que xa están sendo beneficiarias este curso 2019-2020 dunha axuda para comedor escolar, evitando os prexuízos que se lles puidesen producir pola suspensión da actividade educativa e dos servizos educativos complementarios.

O outorgamento das axudas realizarase, previa solicitude e xustificación, nos termos que se darán a coñecer ao longo dos vindeiros días, sen concorrencia competitiva.

O importe máximo subvencionable mensualmente para cada unidade familiar é o aprobado no Decreto 2565/2019 e o período subvencionable será o comprendido desde o primeiro día da suspensión do servizo (16 de marzo) ata que se poida reanudar ou se acorde a súa finalización (inicialmente prevista para o 19 de xuño).