O Concello de Camariñas inicia as obras de asfaltado na zona de San Xurxo

0 minutes read

Este mércores o Concello de Camariñas acometeu os traballos de asfaltado de varias rúas. Unha das actuacións realizouse ao carón da praza de San Xurxo e a outra tivo lugar diante da casa consistorial.

No caso de San Xurxo renovouse o firme na rúa Pista a Mourín, que se viu afectado polas obras de reordenación e acondicionamento da praza. Enfrente a casa do concello están a asfaltarse as rúas transversais á Avenida da Coruña.